Un particular cede a A.VV. de Canido unha parcela de 1.000 metros cadrados para convertela nun bosque comestible

Share:

Listens: 0

Voces de Ferrol - RadioVoz

Miscellaneous


A A.VV. de Canido asina hoxe o documento de cesión dunha parcela de 1000 metros cadrados na rúa Celso Emilio Ferreiro, lindando co espazo do lavadeiro de Insua. Esta parcela, polo seu tamaño e ubicación, convertirase nun prototipo de Bosque Comestible, versión reducida do que está proposto para esa mesma ladeira norte de Canido. Un proxecto no que contan coa complicidade das entidades implicadas na Horta Comunitaria do Centro Cívico.